126 aniversario da inauguración da Torre Eiffel

O día  31 de Marzo de 2015 celebrouse o 126 aniversario da inauguración da Torre Eiffel, estrutura metálica erixida en París, que permanece como un fito da construción monumental en ferro forxado.

Con motivo da Exposición Universal de 1889, data que marcaba o centenario da Revolución Francesa, publicouse un gran concurso no Boletín Oficial francés: “Estudar a posibilidade de levantar sobre o Campo de Marte unha torre de ferro, cunha base cadrada, con 125 metros de lado e 300 metros de alto”. Entre 107 candidatos gañou o concurso o proxecto da torre presentado por Gustave Eiffel, empresario, Maurice Koechlin e Emile Nouguier, enxeñeiros, e Stephen Sauvestre, arquitecto.

O edificio, sen a súa moderna antena de telecomunicacións, mide uns 300 m de altura. A base consiste en catro enormes arcos que descansan sobre catro alicerces situados nos vértices dun rectángulo. A medida que a torre se eleva, os alicerces víranse cara ao interior, ata unirse nun só elemento articulado. Conta con escaleiras e ascensores , e no seu percorrido álzanse tres plataformas a distintos niveis, cada unha cun miradoiro, e a primeira, ademais, cun restaurante. Para a súa construción empregáronse unhas 6.300 t de ferro. Preto do extremo da torre sitúanse unha estación meteorolóxica, unha estación de radio, unha antena de transmisión para a televisión e unhas habitacións nas que viviu o propio Eiffel.

As primeiras escavacións realizáronse o día 28 xaneiro de 1887 e o 31 de marzo de 1889 finalizou a construción da torre Eiffel (26 meses e 5 días despois), o cal se considerou unha auténtica fazaña técnica.


 

Alexandre Gustáve Eiffel

PREME

 

Torre Eiffel baseada no fémur humano

PREME

 

Nacimento e construcción da Torre Eiffel

PREME

 

Fotos antigas da construción da Torre Eiffel

PREME


 Latest activity 


     © 2017 - Delineantes Ourense