laserliner-productsMedición y Topografía – LaserLiner

medicion-y-topografia-logo-1466007986-jpg

    laserliner


     A empresa Medición y Topografía, vén de ofrecer o establecemento dun desconto en productos LaserLiner, exclusivo para os Colexiados do Colexio de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas de Ourense.

    Laserliner é unha empresa Alemá con máis de 20 anos no mercado e con garantía de 4 anos en todos os seus productos, ofrece xa unha nova prestación convincente con claras vantaxes. Os produtos fiables garanten unha maior seguridade no uso diario, aforrando con iso tempo e custos. Ampla gama de produtos, orientados para uso en aplicacións de todo tipo e de fácil manexo:

     – Medidores e detectores de humidade

     – Distanciómetros

     – Medidores de temperatura

     – Láser universal para a casa, a vivenda e o xardín

     – Medición térmica

     – Láser de liñas cruzadas profesional

     – Medio ambiente e detectores especiais

     – Láser de rotación

     – Videoinspección

     – Instrumentos niveladores automáticos

     – Comprobadores eléctricos

     – Accesorios para os equipos laser e de nivelación

     – Detectores electrónicos

     – Inclinómetros e goniómetros

     Dispoñen de dúas gamas de produtos a “Blackline”, que sería a liña TOP deseñados para o uso profesional continuo, e a “Orangeline”, que sería a liña profesional da construción, con menos esixencias.


Máis información na zona restrinxida para Colexiados