A empresa Medición y Topografía, vén de ofrecer o establecemento dun desconto en productos LaserLiner, exclusivo para os Colexiados do Colexio de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas de Ourense.
Laserliner é unha empresa Alemá con máis de 20 anos no mercado e con garantía de 4 anos en todos os seus productos, ofrece xa unha nova prestación convincente con claras vantaxes. Os produtos fiables garanten unha maior seguridade no uso diario, aforrando con iso tempo e custos. Ampla gama de produtos, orientados para uso en aplicacións de todo tipo e de fácil manexo:
– Medidores e detectores de humidade
– Distanciómetros
– Medidores de temperatura
– Láser universal para a casa, a vivenda e o xardín
– Medición térmica
– Láser de liñas cruzadas profesional
– Medio ambiente e detectores especiais
– Láser de rotación
– Videoinspección
– Instrumentos niveladores automáticos
– Comprobadores eléctricos
– Accesorios para os equipos laser e de nivelación
– Detectores electrónicos
– Inclinómetros e goniómetros
Dispoñen de dúas gamas de produtos a “Blackline”, que sería a liña TOP deseñados para o uso profesional continuo, e a “Orangeline”, que sería a liña profesional da construción, con menos esixencias.
Máis información na zona restrinxida para Colexiados